Novas 2025

ASOCIACION

29 Mar 2025

Bilbao dará inicio á Liga Eusko Label e á Liga Euskotren

Bilbao dará inicio á Liga Eusko Label e á Liga Euskotren

Despois do calendario e o orzamento da tempada 2025 seren aprobados, comeza a conta atrás.

A ACT reuniuse esta mañá no Arrantzaleen Museoa de Bermeo para realizar a súa terceira Asemblea Ordinaria do 2025. Neste encontro, os puntos máis salientábeis foron a aprobación do orzamento e do calendario da competición de 2025 para as dúas Ligas organizadas pola Asociación.

A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren arrancarán o primeiro fin de semana de xullo en Bilbao e Sestao, e máis unha tempada, haberá 4 encontros en territorio galego. Cantabria tamén terá o seu espazo no calendario de 2025, o 27 de xullo en Castro Udriales, coa bandeira CaixaBank.

As ligas arrancarán a tempada 2025 en Bilbao o 5 de xullo. A segunda xornada dese fin de semana desputarase en Sestao. A regata de Pasai Donibane desputarase o 19 de xullo e será a segunda contra o reloxo da tempada, que se realizará a 2 longos.

As Ligas Eusko Label e Euskotren viaxarán por primeira vez a Galiza nos días 9 e 10 de agosto. O sábado coa Bandeira da Mancomunidade do Barbanza Arousa na Pobra do Caramiñal. O domingo despútase a regata en Boiro.

A Ikurriña de Zarautz desputarase nos días 16 e 17 de agosto, e seguindo o camiño iniciado no ano pasado, garantíronse as 16 xornadas da Liga Euskotren. Deste xeito, este ano o derradeiro fin de semana da Liga Euskotren será en Ondarroa e Getaria, nos días 23 e 24 de agosto. As traiñeiras competirán en Galiza por segunda vez nos días 30 e 31 de agosto. Coas xornadas 17 e 18 da Liga Eusko Label. As dúas xornadas do Play Off e o remate da Liga Eusko Label desputaranse nos días 20 e 21 de setembro en Bermeo e Portugalete.
 

Voltar