Novas 2024

ASOCIACION

02 Out 2024

Nerea Pérez e Gorka Aranberri, mellor patroa e patrón da tempada 2024, reciben os seus galardóns

Nerea Pérez e Gorka Aranberri, mellor patroa e patrón da tempada 2024, reciben os seus galardóns Nerea Pérez e Gorka Aranberri, mellor patroa e patrón da tempada 2024, reciben os seus galardóns

A txakolindegi Ameztoi de Getaria foi o escenario escollido para a entrega de premios aos mellores patróns da tempada recén rematada. Nerea Pérez (Nortindal Donostiarra) e Gorka Aranberri (Bermeo Urdaibai) recibiron por segundo ano consecutivo os trofeos que os acreditan como Mellor Patroa EITB e Mellor Patrón CaixaBank respectivamente. Ademais, ambos deportistas recibiron tamén cadanseu cheque cos 3.000€ de premio.

Habituados a pórense á frente das traiñeiras, desta vez, Pérez e Aranberri lideraron as brasas. Os patróns coñeceron de perto os produtos Eusko Label e animáronse a cociñárenos. Tras o cociñado e antes da degustación dos produtos, procedeuse á entrega dos premios.

Gorka Aranberri recibiu o trofeo e o cheque da man de Joakin Zubiria, director de Área de Negocio de CaixaBank en Gipuzkoa. Amane Ibáñez, subdirectora de Deportes de EITB Media, pola súa banda, foi a encargada de entregar os premios a Nerea Pérez.

Despois da entrega, os asistentes puideron gozar dos produtos cociñados polos patróns e visitaron as instalacións da txakolindegi Ameztoi.

Palmarés do Mellor Patrón CaixaBank
3 – Ioseba Amunarriz (2009, 2012 e 2017) e Asier Zurinaga (2011, 2013 e 2020).
2 – Endika Pérez (2015 e 2016), Arkaitz Diaz (2019 e 2021), Ander Etxegoien (2018 e 2022) e Gorka Aranberri (2023 e 2024).
1 – Irakoitz Etxeberria (2008), Aitor Carrillo (2010), Vicente Carpintero (2014) e Unai Oliden (2016).

Palmarés da Mellor Patroa EITB
3 – Nadeth Agirre (2019, 2020 e 2022).
2 – Nerea Pérez (2023 e 2024).
1 – Miren Garmendia (2021).
 

Voltar