Novas 2023
COMPETICION
24 Mai 2023
4 aspirantes para a Liga Euskotren 2024
Rematou o prazo para presentar a documentación para os ascensos directos e os playoffs
A pouco máis dun mes para o comezo da tempada da Liga Euskotren, coñécese a listaxe de aspirantes a ascenderen á competición feminina. Unha vez concluído o plazo para presentar a documentación para os playoffs, a Xunta Directiva da ACT, despois de analizar toda a documentación aportada polos citados clubs procedentes da ARC-ETE e ALN, admitiu todas as solicitudes presentadas. Polo tanto, agora os clubs aspirantes terán que conseguir a súa participación por méritos deportivos.
Clubs aspirantes a ascenderen á Liga Euskotren na tempada 2024:
· Deustuko Arraun Taldea
· C.D.R. Kaiku A.K.K.
· Zarautz Arraun Elkartea
· Zumaiako Telmo Deun A.K.E.