Novas 2023
COMPETICION
15 Mai 2023
"Será unha experiencia que nos fará medrar"
Tirán Pereira fai a súa estrea na Liga Euskotren esta tempada, grazas ao ascenso conseguido na pasada tempada. Malia ser un plantel practicamente novo, e serlle unha competición descoñecida, o seu adestrador, David Serodio, cre que o equipo adestrou ben durante o inverno e está a progresar ben de cara o comezo da tempada.