Novas

COMPETICION

28 Dec 2021

Acordo con Honda para incorporar motor nas traiñeiras a partir da tempada 2023

Acordo con Honda para incorporar motor nas traiñeiras a partir da tempada 2023

A marca xaponesa quere reinventar o mundo do remo de banco fixo coa incorporación dun motor VTEC

Boas noticias para a Liga Eusko Label e para a Liga Euskotren. Honda, marca de referencia no mundo do motor, incorpórase á ACT como novo compañeiro de viaxe e faino selando un antes e un despois na competición. A partir da tempada 2023, Honda colocará en cada unha das traiñeiras participantes da Liga Eusko Label e a Liga Euskotren un motor VTEC. En concreto, dous propulsores foraborda Honda Marine BF250 que impulsan ao SJ32, cada un deles proporcionando 250 cabalos, polo que a potencia final do conxunto é de 500 CV. Coa axuda das padas da tripulación, as traiñeiras poderán acadar unha velocidade máxima de 88 km/h. E non só iso, as traiñeiras que así o desexen poderán incorporar altavoces dentro das súas embarcacións para poderen escoitar as cancións que máis motivan o equipo. 

O acto da sinatura do contrato, ao que asistirán todas as embarcacións da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren, oficializarase na sede de Honda en Tokio, o vindeiro 31 de febreiro de 2023.
 

Voltar