Novas 2021

COMPETICION

16 Set 2021

A Bandeira El Corte Inglés porá o colofón á tempada da Liga Eusko Label

A Bandeira El Corte Inglés porá o colofón á tempada da Liga Eusko Label

No campo de regatas de Portugalete entregarase unha nova Coroa CaixaBank, e coñeceranse os últimos equipos que farán parte da Liga Eusko Label e Liga Euskotren da vindeira tempada

O terceiro domingo de setembro é sinónimo da última xornada da tempada da Liga Eusko Label. En Portugalete desputarase a LI GP- XLVII Bandeira El Corte Inglés - Concello de Portugalete a partir das 12:30 horas, coas oito mellores tripulacións da Liga Eusko Label. Se despois da desputa da xornada do sábado, a diferenza na clasificación entre os dous primeiros clasificados é de tres puntos ou inferior, a regata desputarase en formato de contra o reloxo tal e como se aprobou na asemblea do mes de marzo. 
A xornada dominical comezará ás 11:20 horas coa segunda xornada dos playoffs da Liga Euskotren. Despois disto saberase que tripulación acompañará a Donostia Arraun Lagunak, Orio Orialki e Donostiarra Lacturale na tempada 2022 da Liga Euskotren. Ás 11:50 será a quenda do playoff da Liga Eusko Label, e aí coñeceranse as dúas últimas traiñeiras que competirán na Liga Eusko Label na vindeira tempada. 
Ás 12:30 comezará a última bandeira da Liga Eusko Label, LI GP- XLVII Bandeira El Corte Inglés - Concello de Portugalete. Esta mañá presentouse no Hotel Puente Colgante, coa presenza do Alcalde de Portugalete Mikel Torres, Carmelo Lezana, Xefe de Relacións Externas de El Corte Inglés no País Vasco e Borja Rodrigo, Presidente da ACT. 

Na primeira quenda da Bandeira competirán CR Cabo da Cruz, Ondarroa Cikautxo, Bermeo Urdaibai Avia e Zierbena Bahías de Bizkaia, mentres que na quenda de honra vogarán Orio Orialki, Donostiarra Amenabar, GO fit Hondarribia e Santurtzi Transportes y Grúas Aguado.

Como se ten feito ao longo da tempada, a ACT pide prudencia aos afeccionados que se despracen a Portugalete para veren a regata ao vivo. O paddock de traiñeiras, ao igual que a zona das gradas situada no Paseo de la Canilla de Portugalete estarán acotadas. O afeccionado que se achegue, terá que respectar as medidas de seguridade vixentes, e ter posta a máscara en todo momento.

Voltar