Novas 2017
ESPECIAL
29 Ago 2017
Deica logo Astillero!
O club cántabro despídese da ACT ao rematar a Eusko Label Liga na última posición
Despois deste último fin de semana desputado en augas galegas, a Eusko Label Liga deu por rematada a súa tempada regular. Unha tempada na que, despois de 16 xornadas de dura loita no mar, Astillero rematou no último lugar da clasificación. Daquela, o club cántabro despídese hoxe da loita pola Coroa CaixaBank co firme propósito de poder voltar o antes posíbel. Da Asociación, desexámoslle a Astillero a mellor das sortes nos seus futuros proxectos para que tarde ou cedo poidamos velos na máxima categoría do remo.
Deica logo Astillero!