Novas 2017

ESPECIAL

20 Xul 2017

Vuelve la Bandera CaixaBank

Vuelve la Bandera CaixaBank

Este sábado desputaranse en Santander a V Bandeira CaixaBank e II Bandeira CaixaBank feminina

O sábado, a partir das 18.00 horas, porase en xogo a V Bandeira CaixaBank e II Bandeira CaixaBank feminina, correspondentes á 7ª xornada da Eusko Label Liga e á 3ª da Liga Euskotren. O nome das bandeiras é polo feito de CaixaBank ser o Main Sponsor da Eusko Label Liga, e xa do ano 2013 en diante, vén patrocinando a máxima competición do remo.Esta será a primeira vez que as augas da Praia de El Sardinero acollan nosa liga. Ambas probas desputaranse en formato liña, e terán que remar das balizas interiores situadas dentro da baía cara mar adentro, onde estarán colocadas as balizas exteriores. Primeiro vogaran as tripulacións femininas, con un percorrido de 2778 metros divididos en dous longos e unha ceavoga. Despois, o protagonismo pasará ás tripulacións masculinas, que percorrerán tres millas náuticas (5556 metros), divididos en catro longos e tres ceavogas.

As quendas da Eusko Label Liga definiranse segundo a clasificación xeral. Deste xeito, os primeiros en remaren serán Astillero, Ares, Cabo e San Pedro. Despois loitarán San Juan Sumelec, Ondarroa Cikautxo, Tirán Pereira e Zierbena Bahías Bizkaia. Finalmente, na quenda de honra, sairán Kaiku Producha, Orio Babyauto, Hondarribia e Urdaibai Avía. A respecto da Liga Euskotren, apenas haberá unha quenda, que estará composta por San Juan Iberdrola, Hibaika Jamones Ancín, Orio Babyauto e Arraun Lagunak Donostia.

Dossier da regata

Voltar