Novas 2021

ASOCIACION

23 Xan 2021

Borja Rodrigo, reelecto presidente da ACT

Borja Rodrigo, reelecto presidente da ACT

O biscaíno inicia a súa terceira lexislatura á frente da Asociación

Esta mañá celebrouse a primeira Asemblea do ano 2021. Un encontro que se desenvolveu de xeito telemático e na que destacaron dous puntos por riba do resto. SD Tirán foi aceptado oficialmente como novo socio da Asociación, ao ter conseguido a súa praza no playoff celebrado en setembro. Os de Moaña, socios fundadores da ACT, voltan á Liga Eusko Label despois de dúas tempadas de ausencia na elite do remo. Esta chegada trae consigo a perda da condición de socio de SDR Kaiku AK, que se despide da Asociación coa firme intención de voltar o antes posíbel á máxima categoría do remo.
 
Por outra banda, Borja Rodrigo foi reelecto como Presidente da ACT para as dúas vindeiras tempadas. Xunto con Rodrigo conformarán a Xunta Directiva Txema Vizcaíno, tesoureiro; Pedro Olmedillo, secretario; e Jon Artola, vocal. Deste xeito, o biscaíno afronta de hoxe en diante a súa terceira lexislatura á frente da Asociación.

Voltar