Novas 2024
COMPETICION
11 Ago 2024
Arraun Lagunak consegue a Bandeira Gertu Eraikuntzako
As mulleres patroneadas por Andrea Astudillo gañaron a súa décimo cuarta bandeira consecutiva na Liga Euskotren.
Arraun Lagunak conquista a Bandeira Gertu Eraikuntzako en Pasaia San Pedro. Na xornada de hoxe, as remeiras tiveron que completar dúas ceavogas e tres longos, e a traiñeira ‘Lugañene’ rematou a regata nun tempo de 10:42.40. As oriotarras foron segundas, necesitando 8 segundos máis que as líderes; Donostiarra parou o crono con 12 segundos de desvantaxe; e Tolosaldea finalizou na cuarta posición nun tempo de 10:56.74.
Arraun Lagunak segue a aumentar a diferenza en puntos coas súas rivais na clasificación da Liga Euskotren e tras da regata de hoxe ten xa 112 puntos. Tolosaldea é segunda con 84, Orio ten 82, e a cuarta clasificada, Donostiarra, 81.
Bermeo Urdaibai triunfa en Pasaia San Pedro e continúa a consolidar o seu liderado
Bermeo Urdaibai triunfa en Pasaia San Pedro e segue a consolidar o seu liderado na Liga Eusko Label. Hoxe desputouse unha regata inusual: por unha banda, os remeiros tiveron que facer frente a un día con moitísima calor e, por outra banda, completaron 5 ceavogas e 6 longos. Os líderes pararon o crono nun tempo de 20:02.74, 5 segundos máis rápido que Donostiarra e 6 segundos por diante de Orio. A respecto do cuarto clasificado, Zierbena, precisou un tempo de 20:19.88 para finalizar a regata.
Os bermeáns suman 161 puntos no primeiro chanzo da clasificación da Liga Eusko Label, Zierbena ten 145, Donostiarra 128 e Hondarribia 124.