Novas 2021
COMPETICION
17 Ago 2021
Donostia recibe ás campioas
O Concello de Donostia homenaxea ás campioas da Liga Euskotren
A corporación municipal, co Alcalde Eneko Goia á cabeza, homenaxeou esta tarde no salón de plenos do Concello de Donostia o plantel, equipo técnico e directivos de Donostia Arraun Lagunak, tras conquistaren o título da Liga Euskotren no pasado domingo.
Eneko Goia comezaba parabenizando o club donostiarra pola conquista do título de Liga así como polas sete bandeiras que gañaron ao longo da tempada de traiñeiras. Itziar Eguren, Juan Mari Etxabe e a remeira Maialen Muguruza tamén tomaron a palabra nun acto marcado polo protocolo COVID-19, e rematou coa foto do equipo co trofeo e as bandeiras a carón da corporación municipal completa, nas escaleiras da cámara municipal.