Novas 2021

COMPETICION

14 Ago 2021

Orio Orialki e Go Fit Hondarribia gañan a primeira xornada da Zarauzko Ikurriña

Orio Orialki e Go Fit Hondarribia gañan a primeira xornada da Zarauzko Ikurriña Orio Orialki e Go Fit Hondarribia gañan a primeira xornada da Zarauzko Ikurriña

As dúas traiñeiras guipuscoanas conseguen acurtar un punto na clasificación xeral con respecto aos seus rivais directos

Orio Orialki conseguiu gañar a 1ª xornada da XIII Zarauzko Ikurriña con nove segundos sobre Donostia Arraun Lagunak, e mañá na 2ª xornada procurará conservar esa diferenza para gañaren a derradeira bandeira da Liga Eusko Label. Ademais, grazas á vitoria na xornada de hoxe, as aguiluchas acortan un punto sobre Donostia Arraun Lagunak, que foi segunda na tarde de hoxe. Daquela, na clasificación xeral, as donostiarras fican primeiras con 36 puntos frente os 35 de Orio Orialki a falta da última xornada de mañá. Pola súa banda, Donostiarra Lacturale foi terceira e mantén o terceiro posto da xeral con 2 puntos, mentres que Hondarribia Bertako Igogailuak pecha a xeral con 16 tantos. 

En canto á clasificación da mellor patroa da Liga Euskotren, Miren Garmendia consegue gañar por primeira vez o trofeo: 
1.- Miren Garmendia (Hondarribai Bertako Igogailuak) 21 puntos
2.- Nadeth Agirre (Orio Orialki) 17 puntos
3.- Andrea Astudillo (Donostia Arraun Lagunak) 17 puntos

Go Fit Hondarribia consegue acurtar un punto na xeral a Santurtzi Transportes y Grúas Aguado despois de gañar a 1ª xornada da Zarauzko XLIV Estropadak por menos de dous segundos sobre a Sotera, que foi segunda. A Ama Guadalupekoa suma 132 puntos mentres que Santurtzi acada os 140 tantos. Donostiarra Amenabar e Orio Orialki completarán a quenda de honra da segunda xornada da Zarauzko Estropadak de mañá tras remataren o día de hoxe perdendo 12 e 20 segundos respectivamente. A segunda quenda do domingo estará composta por Zierbena Bahías de Bizkaia, Lekitarra Elecnor, Urdaibai Avia e Ondarroa Cikautxo, mentres que abrirán a xornada CR Cabo da Cruz, Zarautz Gesalaga Okelan e Tirán Pereira. Ares non puido participar esta fin de semana por varios casos de covid no seu plantel e recibirá en cada unha das dúas xornadas cinco puntos. 

Por outra banda, a clasificación de Mellor Patrón CaixaBank fica así:  
1.- Arkaitz Díaz (Donostiarra Amenabar) 18 puntos
2.- Gorka Aranberri (Santurtzi T. y G. Aguado) 15 puntos
3.- Óscar Hermo (CR Cabo da Cruz) 9 puntos
 

Voltar