Novas 2013

ENTREVISTAS

05 Ago 2013

"TER DOUS BARCOS REMANDO EN ERRENTERIA É UN ESFORZO QUE CÓMPRE VALORAR"

"TER DOUS BARCOS REMANDO EN ERRENTERIA É UN ESFORZO QUE CÓMPRE VALORAR"

Eli Pescador, remeira de Hibaika Jamones Ancín

Eli Pescador é unha das remeiras máis coñecidas de Hibaika Jamones Ancin (Errenteria, 31 anos). En inverno e en primavera remaba no barco da casa, para coller experiencia, e no verán, en Hondarribia e Zumaia, así durante catro anos, porque en Errenteria aínda non había barco no que afacerse ao mar. Conseguírono o ano pasado, e este ano están remando na Liga Euskotren. Déronnos detalles desa evolución vivida na súa cidade natal.

 

Quen é Eli Pescador, e como xurdiu Hibaika?

Ben, para min este é o sexto ano que remo. Comecei porque me animou o meu pai, e máis unha amiga para que o fixera en Hibaika. Sempre remei na traíña da vila, pero no verán en outros barcos, porque en Errenteria non tiñamos traíña até o ano pasado. Remaba en traiñeiriñas e bateis en inverno e primavera, e no verán en Hondarribia e Zumaia, durante catro anos. O ano pasado sacamos embarcación na vila, e fiquei no verán. Para as que somos de Errenteria é moi importante ter un bote onde remar. Temos dous: os rapaces reman na ARC-2 e nós na Liga Euskotren. Estamos moi contentos, porque hai xente que é de Errenteria e rema en outros barcos, por non teren oportunidade de o facer na cidade. Somos un club pequeno, que estamos medrando pouco a pouco, pero somos xa máis de 100 fichas. O club fixo recentemente 25 anos, e estamos onde estamos polo grande esforzo que fixeron os que estiveron antes ca nós, porque deixaban os cartos gañados cos premios para o club. Hoxe en día eses premios repartímolos entre as remeiras, hai máis axudas institucionais… Conseguimos ser algo grazas ao esforzo que fixo quen estivo antes que nós.

 

Es de Errenteria, imaxino que para xente coma ti, non hai mellor lugar para remar que onde naceches, non?

Abofé. A ilusión máxima é poder remar na traíña da túa cidade. Conseguimos afacernos ao mar o ano pasado e este ano estamos remando na Liga Euskotren, algo incríbel.

 

A xente pregunta, remo en Errenteria? Se non está na costa…

Adoitamos adestrar na desembocadura da ría Oiartzun, pero non é doado, polo tema das mareas. Adestramos no inverno, sobre todo, e en bateis. No verán adoitamos ir a Trintxerpe, ao Porto de Pasaia. Está perto, a uns 5 quilómetros, pero hai que ir até alí, voltar… Sobre a tradición remeira, o mar chegaba até o que hoxe é o centro da cidade hai uns séculos, e moitas casas son de pescadores. Tradición remeira, habela, hóuboa.

 

E o nome Hibaika?

Non estou moi segura, pero penso que provén do nome dunha sociedade.

 

Afixestesvos ao mar o ano pasado, e este xa estades vogando na Liga Euskotren. Na ARC-2 tamén están remando os rapaces, que ambiente se respira na cidade?

Unha sensación bonita. Non sei se a xente valora na súa xusta medida que esforzo supón saír ao mar cun barco, porque costa moito. E temos dous: alugar unha traíña, o material… No pasado sentiamos o apoio da xente, pero este ano nótase máis. Saimos na tele, e retroalimentámonos entre todos: a televisión atrae á xente, a xente apoianos máis, e nós notámolo máis.

 

Para vós foi unha sorpresa conseguirdes clasificarvos para a Liga Euskotren?

Non. Eramos conscientes de que había esa oportunidade, porque tiñamos remado en outras regatas coas que ían ser as nosas contrincantes. Non foi unha regata a todo ou nada, todo saiu como estaba previsto, e clasificámonos.

 

E que tal na Liga Euskotren?

Ben, disfrutando. Unha vez clasificadas, o obxectivo era disfrutar, e niso estamos, por riba de se os resultados son mellores ou peores.

 

Zumaia Salegi Jatetxea Itziar parece inalcanzábel, San Juan Iberdrola non está tan lonxe… cal sería o voso reto nun futuro próximo?

Non nos propomos retos. Imos regata a regata, sen mirar alén diso, e de momento estamos á vontade. Non pensamos neste ou outro reto, ou resultado.

 

É posíbel disfrutar remando?

Si, sobre todo cando as regatas saen ben. Moitas veces non disfrutas, pero cando cansas e disfrutas, a sensación é ben bonita.

 

O voso sistema de preparación física é a mesma que en categoría masculina?

Si. Comezamos ao par, en novembro, e facemos as mesmas cousas. A diferenza é que eles se preparan para remar 20 minutos en cada regata, e nós 10 minutos.

 

Cal é a túa motivación para afrontar unha preparación física tan longa?

Que é un deporte que me gusta. A ilusión que temos para que na cidade haxa dúas traíñas tamén axuda. A xente que estaba nas categorías inferiores comeza a chegar arriba, intuese relevo, e de sobrevivirmos, para adiante a tope.

 

Hai catro traíñas guipuscoanas na Liga Euskotren. Que reflexión che merece esa situación?

Non sei exactamente porque sucede iso, penso que é porque ao remo feminino non se lle presta a atención que realmente merece. Creo que en Gipuzkoa a situación é ben diferente, hai seis traíñas de mozas. Non sei se os clubs realmente teñen interese por ter equipos femininos, sexa por motivo económico, dificultades á hora de tomar responsabilidades… O caso da selección de Galiza tamén chama moito a atención.

Voltar