Novas 2018
ENTREVISTAS
31 Mai 2018
"Sabemos o que temos que facer"
Mikel Arostegi, técnico de San Pedro, falounos das súas chaves para esta tempada e do seu obxectivo principal
Despedimos o mes con unha nova entrevista, desta vez a Mikel Arostegi, técnico de San Pedro, que nos contou como ve o seu equipo para afrontar esta nova tempada que encetará en menos dun mes.
Comezando pola pretempada que están a levar a cabo os sanpedrotarras, o adestrador asegura que “dos descensos que fixemos, hai algunhas probas que nos saíron mellor que outras, pero estou á vontade co que estamos a facer” ao que engadiu que “este ano estamos adestrando á vontade, tivemos algunhas baixas, mais está a ser positivo”.
Do seu plantel, afirma que “de remeiros estamos moi ben, pero para remar na Eusko Label Liga precísase xente que estea ben de físico”. Centrándose na rivalidade, asegura que “arriba penso que estarán os de sempre e despois estaremos nós por detrás a pelexar” ao que engade que “eu penso que seremos San Juan Sumelec, Tirán Pereira, Kaiku Producha e nós”. Con respecto aos novos clubs que debutarán na liga di que “os que subiron da ARC1, Donostiarra e Santurtzi Iberdrola son equipos fortes e coido que estarán un chisco por diante, mais non llo imos pór doado”.
Mikel Arostegi ten un obxectivo claro para esta nova tempada, que custe o que custar van tentar conseguir; “o obxectivo principal sempre é non descender e gozar das regatas”. O técnico de San Pedro asegura que no seu equipo teñen “bo ambiente e sabemos o que temos que facer, adestrar duro e ir ás regatas a dar o 100%”.