Novas 2018
ENTREVISTAS
24 Mai 2018
"Entrarmos na quenda do medio sería un broche de ouro"
Aitor Sautu, técnico de Kaiku Producha desvelounos cal é o seu maior obxectivo para esta tempada e comentou as mudanzas que sufriu o seu equipo
Falta exactamente un mes para dar comezo a Eusko Label Liga 2018 e para amenizar esta intensa espera entrevistamos a Aitor Sautu, adestrador de Kaiku Producha, que nos falou sobre o seu equipo e os seus obxectivos.
O adestrador comezou a falar da situación actual da súa traiñeira xa que este ano “na traiñeira hai unha mistura de veteranía, con catro ou cinco remeiros que levan bastantes anos na ACT, e mocidade. Tamén hai xente que voltou ao remo despois de o ter feito durante anos e contamos no equipo con seis remeros do plantel do ano pasado”. En canto á pretempada que están desenvolver afirmou que “a tempada comezou con dúbidas, había bastante incertidume no tema económico e deportivo” ao que engade que “fixemos cinco descensos en pretempada e os dos últimos xeráronnos bastante dúbida cos postos que conseguimos”.
A Eusko Label Liga non é unha competición fácil e os rivais son cada ano máis fortes. Con respecto aos contrincantes desta temporada, o técnico de Kaiku Producha asegura que “na Eusko Label Liga este ano pode haber dúas ligas; Os catro principais do ano pasado, a quen se lles poden unir Donostiarra e Santurtzi Iberdrola e o resto aí andaremos pelexando”.
Malia ter un equipo xoven, Aitor Sautu afirma que “hai actitude e ganas no vestiario e a máxima predisposición para facer ben todos os adestramentos”. En canto aos seus obxectivos asegura que “Kaiku Producha é un club con tradición e historia e entrarmos na quenda do medio sería un broche de ouro para esta tempada”.