Novas 2020
ENTREVISTAS
14 Xan 2020
Diario da Pretempada (I): Urdaibai Avia
O remeiro biscaíno Iban Martínez infórmanos dos seus adestramentos invernais
Durante a tempada de verán os remeiros da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren tratan de daren o mellor de si para que as súas traiñeiras anden o máis rápido posíbel no mar. Mais, o traballo do remeiro non é apenas de tres ou catro meses, senón un estilo de vida que require unha dedicación todo o ano.
Ao longo da tempada de remo, todas as luces están postas na loita pola Coroa CaixaBank e moitas veces o traballo que realizan os remeiros no inverno non ten tanta repercusión. Para lle dar unha volta a isto, os remeiros dos nosos campionatos infórmannos da súa pretempada.
Para este primeiro capítulo falamos co remeiro Iban Martínez, de Urdaibai Avia, para sabermos como van as cousas por Bermeo neste inverno:
Que tal levas a pretempada?
Ben, aos poucos. De momento o tempo está a favor e así todo é máis sinxelo.
Cal é o teu plano de adestramento semanal?
Entre semana adoitamos estar no ximnasio, a correr ou no ergómetro. Así que en vez de ir de luns a venres a Bermeo, adestro en Ondarroa. As fins de semana saímos á auga, ás veces en Bermeo, pero a maioría das veces en Bilbao.
Cantas veces saídes á auga por semana?
Do remate do Nadal até agora estamos imos dúas veces por semana á auga, ambas na fin de semana.
Como é adestrar en Bermeo no inverno?
É raro, porque en Bermeo adestramos moi pouco durante o inverno. Normalmente adoitamos ir a Bilbao para podermos adestrar na ría.
Adestrades en embarcacións pequenas? Resúltache útil para a preparación?
Non adestramos en barcos pequenos. No caso das traiñeiriñas, penso que si que axuda a conseguir un punto para o verán.
Afrontades con vontade as regatas de inverno (descensos)?
Afrontamos, si, sempre veñen ben para saír da rutina invernal.
O que vos pide o adestrador na pretempada?
Collermos con vontade os adestramentos e atender ao que el nos pida.