Novas 2023

COMPETICION

28 Xan 2023

Borja Rodrigo reelixido Presidente da ACT

Borja Rodrigo reelixido Presidente da ACT Borja Rodrigo reelixido Presidente da ACT

O bilbaíno, tras un ciclo de 6 anos, afrontará a súa cuarta lexislatura á frente da Asociación

A ACT realizou esta mañá a primeira Asemblea do ano 2023 na Bodega de Txakoli Galanta. A sesión comezou co peche do ano 2022, onde destacan a aprobación do exercicio económico e a aceptación de Samertolameu como socio da ACT despois do seu ascenso logrado nos play offs desputados no pasado mes de setembro, ocupando así o lugar do descendido CR Ares. Será a terceira participación dos de Moaña na Liga Eusko Label, despois de participaren anteriormente nas tempadas 2009 e 2015. 
 
Os socios da ACT aprobaron tamén aspectos ligados coas cuantías dos premios das dúas competicións que organiza a ACT, a Liga Euskolabel e a Liga Euskotren, e os avais a aportar por parte dos socios, e salienta tamén un acordo de colaboración que se subscribe entre a ACT e a ARC (a liga de traiñeiras da seguinte división que abarca os territorios de Cantabria e Euskadi) dotando así de maior estabilidade e coherencia o entorno do remo fixo no Cantábrico. 

Por último, noutra serie de cuestións, os clubs da Asociación reelexiron a Borja Rodrigo como Presidente da ACT e a que será a súa Xunta Directiva para as dúas videiras tempadas. Rodrigo afrontará así a súa cuarta lexislatura á frente da Primeira División da competición de traiñeiras e da entidade acompañado por Pedro Olmedillo como secretario, Txema Vizcaíno como Tesorero, e Daniel Vázquez como vocal.
 
De igual modo os socios aprobaron o nomeamento do novo Xuíz da Competición, posto que ocupará Ander Salinero, e o de José María Redondo como novo Xuíz de Disciplina. No resto dos órgaos asociativos continúan Andreu Camps como Árbitro, Juanjo Badiola como responsábel de Control Antidopaxe e Control de Saúde e Benigno Silva á frente do Comité Técnico.
 
Momentos despois da súa reelección Borja Rodrigo quixo agradecer o apoio recibido por parte dos socios para a súa reelección, manifestando de igual xeito o seu total compromiso e motivación para seguir a traballar de maneira conxunta, tentando lograr así os obxectivos que a ACT ten marcados a curto e medio prazo. Confiando de igual xeito en lograr, non apenas manter, mais mellorar o nivel das dúas competicións e estar á altura das expectativas de todas as persoas, marcas e institucións que seguen e están interesadas na Liga Euskolabel e a Liga Euskotren, conseguindo que sexa a competición deportiva de referencia do verán.
 

Voltar