Novas 2022

ASOCIACION

28 Xan 2022

Primeiro encontro anual da Asemblea da ACT

Primeiro encontro anual da Asemblea da ACT

Os socios da Asociación xuntaranse mañá para continuaren a preparar a tempada 2022 

Coa entrada do novo ano, os socios da ACT darán a benvida ao ano 2022 coa celebración da primeira Asemblea do curso.

Entre os puntos que se tratarán na reunión salientan a aprobación da entrada como socios de SDR Kaiku AK e Getariako Arraun Elkartea que collerán o relevo da Asociación a SD Tirán e Zarautz Arraun Elkartea. 

Por outra banda realizarase o peche do exercicio económico da Asociación do curso 2021 e nomearase un novo membro para a Xunta Directiva da Asociación para sustituír a Jon Artola (Zarautz).

Por último, e noutra orde de asuntos que serán tratados, definirase o sistema de Play Off da Liga Euskotren logo da aprobación de ampliar a competición a oito tripulacións a partir da tempada 2023.

Voltar