Novas 2026
ASOCIACION
19 Mai 2026
A ACT, o Municipio de Buitrago del Lozoya e a Comunidade de Madrid asinan o acordo para acoller a xornada inaugural da tempada 2026
Canal de Isabel II e Pueblos Con Vida darán nome ás Bandeiras que estarán en disputa en Buitrago del Lozoya no vindeiro 28 de xuño.
A Asociación de Clubs de Traiñeiras (ACT), o Municipio de Buitrago del Lozoya e a Comunidade de Madrid asinaron este martes un acordo de patrocinio para a realización da xornada inaugural da tempada 2026 da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren, que terá lugar o vindeiro 28 de xuño en Buitrago del Lozoya.
O acordo foi asinado na Real Casa de Postas nun acto presidido pola presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, o alcalde de Buitrago del Lozoya, Javier del Valle e o presidente da ACT, Borja Rodrigo.
Como resultado deste acordo, a Comunidade de Madrid dará nome a unha das bandeiras que abrirá oficialmente a tempada 2026 das principais competicións de traiñeiras, sendo a regata masculina denominada "Bandera Pueblos con Vida Comunidad de Madrid". Pola súa banda, a proba feminina desputarase baixo o nome "Bandera Canal de Isabel II 175 aniversario".
A xornada inaugural da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren transformará Buitrago del Lozoya no epicentro do remo estatal durante o último fin de semana de xuño, sendo o encoro de Riosequillo o primeiro en recibir unha proba destas características. Para alén da competición deportiva, o evento contará con unha Fan Zone e diferentes accións promocionais dirixidas ao público asistente.
A realización desta regata representa ademais o regreso da ACT a un escenario situado fóra da cornixa cantábrico-atlántica dez anos despois da súa última experiencia destas características. Ao longo da súa historia, a ACT levou as súas competicións a cidades como Zaragoza, Burdeos, Barcelona, Málaga ou Sevilla, nunha estratexia orientada á visibilidade do remo de traiñeras máis alá das súas fronteiras naturais.
A asociación retoma así a súa aposta por achegar o deporte das traiñeiras a novos públicos e territorios, reforzando a proxección estatal da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren.



