Novas 2024
COMPETICION
07 Ago 2024
A Liga Euskotren e a Liga Eusko Label chegan a Hondarribia no sábado
Hoxe ás 12:00 do mediodía, no Concello de Hondarribia, foron presentadas as bandeiras que se desputarán na vindeira fin de semana na cidade coa presenza do alcalde Igor Enparan, do Director Comercial de Mapfre en Gipuzkoa Jon Vila, o presidente da Confraría de pescadores de Hondarribia Norberto Emazabel e do Presidente do Club Joxemi Elduayen.
O presidente Hondarribitarra explicou en primeiro lugar os aspectos máis técnicos da regata e sobre todo fixo fincapié no grande esforzo que supón para a cidade a organización destas regatas en pleno mes de agosto cando Hondarribia se atopa chea de xente.
Seguidamente agradeceu a todas as persoas voluntarias que fan posíbel a organización destas regatas e en especial ao Concello de Hondarribia, á Confraría de pescadores e aos patrocinadores Seguros MAPFRE e Grupo BALFEGO.