Novas 2024

COMPETICION

01 Ago 2024

A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren recalan en Cantabria da man da Bandeira CaixaBank

A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren recalan en Cantabria da man da Bandeira CaixaBank

Castro-Urdiales acollerá máis un ano a bandeira da entidade
financeira.

Este sábado despútase o único encontro da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren en augas cántabras. A Bandeira CaixaBank desputarase en Castro-Urdiales. Será a sétima vez que se despute na enseada de Brazomar. Un campo histórico no mundo do remo e que grazas a CaixaBank, garante a presenza da elite do remo neste territorio.

Esta mañá presentáronse as Bandeiras CaixaBank da Liga Euskotren e da Liga Eusko Label: XII edición na competición masculina e VIII edición na competición feminina. Ao acto de presentación asistiron Susana Herrán, alcaldesa de Castro-Urdiales, Héctor Alonso, Director de Área de Negocio de CaixaBank en Cantabria e Borja Rodrigo, presidente da ACT.

Susana Herrán, alcaldesa da cidade, subliñou a tradición marítima de Castro-Urdiales: "Castro-Urdiales ten unha longa e enraizada tradición mariñeira. O mar foi sempre unha parte fundamental da nosa identidade e o remo forma parte do noso ADN. Por iso, acoller máis un ano, unha proba desta envergadura, é un orgullo pata todos e todas nós".

Héctor Alonso, pola súa banda, salientou a importancia de levar a máxima categoría do remo a Cantabria: "Máis un ano quixemos traer a Castro Urdiales un encontro sinalado no noso calendario: a Bandeira CaixaBank. Considerado por moitos especialistas do remo como un dos mellores campos de regatas do Cantábrico, queremos que os castreños poidan seguir a desfrutar da máxima competición do remo".

Borja Rodrigo, presidente da ACT, quixo agradecer o compromiso das partes para poder levar adiante o encontro: "O campo de Castro-Urdiales é histórico, realmente bonito para o espectador. Que o calendario faga escala aquí, da man de CaixaBank, é importante para nós. Asegura a nosa presenza en Cantabria e amplía o alcance da nosa actividade en augas do Atlántico e o Cantábrico. Agradecemos á entidade financeira, así como ao Concello de Castro-Urdiales a súa colaboración para que esta regata teña lugar".

Voltar