Novas 2024
COMPETICION
06 Xul 2024
Arraun Lagunak gaña a bandeira en Donostia
Terceira vitoria consecutiva para as donostiarras.
Arraun Lagunak logrou a terceira bandeira da Liga Euskotren na casa, a VIII Bandeira Fábrica. Á traiñeira liderada por Andrea Astudillo tocoulle o primeiro carreiro da regata, pero foi a máis rápida en completar a proba (12:53,38). Tolosaldea achegouse moito á líder tras a ceavoga, pero finalizou a regata 7 segundos máis tarde, e a seguir, 3 segundos despois chegaron as oriotarras. O cuarto posto foi para Donostiarra, que parou o crono nun tempo de 13:23,74.
Arraun Lagunak ten en total 24 puntos na Liga Euskotren, Tolosaldea séguea con 20, e Orio e Donostiarra teñen 19 e 15 puntos respectivamente.
Tres de tres para os de Bermeo
Os bermeáns gañaron xa tres de tres bandeiras na Liga Eusko Label. Hoxe estaba en xogo a XVI edición da Bandeira Fábrica, e os de Gorka Aranberri lideraron a quenda dende o Primeiro Longo. Para completaren a regata necesitaron un tempo de 21:22,33, e conseguiron unha vantaxe de 19 segundos sobre o segundo clasificado, Zierbena. A terceira praza foi para os hondarribiarras: Ama Guadalupekoa parou o crono 32 segundos despois, mentres que os oriotarras finalizaron nun tempo de 22:04,97.
Urdaibai ocupa a primeira posición da Liga Eusko Label con 36 puntos. Zierbena ten 31, Hondarribia 29 e Orio 27.