Novas 2009

COMPETICION

02 Dec 2009

Nota de Prensa

Nota de Prensa

Como vén ocorrendo dende a súa mesma creación, a ACT desenvolveu durante a tempada 2009 un plan antidopaxe no seo da súa competición, sometendo os clubs e os seus deportistas a diversos controis tendentes a previr e, no seu caso, sancionar actuacións ligadas ao uso de substancias e métodos prohibidos no deporte. Pois ben, ao longo da tempada 2009 realizáronse un total de 70 controis antidopaxe sobre mostras fisiolóxicas de ouriños, distribuídos en 30 controis en competición (realizados en 8 regatas da Liga San Miguel e Liga Eusko Tren) e 40 controis fóra de competición. Todos os clubs da ACT foron sometidos ao longo da tempada a algún control de dopaxe, tanto en competición como fóra de competición e todos os equipos participantes na Liga Eusko Tren a algún control da dopaxe en competición. Coas actuais técnicas analíticas de que dispón o laboratorio de control da dopaxe non se acreditou a utilización de substancia ningunha ou método prohibido de entre os incluídos na listaxe de referencia. Igualmente, ademais dos controis da dopaxe, foron obtidas ao longo da tempada 412 mostras sanguíneas de remeiros pertencentes a todos os clubs da asociación, analizando certos parámetros hematolóxicos tendentes a coñecer posíbeis alteracións producidas pola utilización de dopantes. Ningún dato sanguíneo das analíticas efectuadas amosan, nin individual nin colectivamente, parámetros ou valores obxectivos que sexan indicadores dunha eventual utilización de algunha das variedades de EPO-rh, Hemoglobina sintética ou outras substancias ou métodos prohibidos na listaxe de dopaxe de referencia que melloren os niveis sanguíneos e a transferencia de osíxeno. Consciente da importancia que ten no mundo do deporte na actualidade, é desexo e vontade da ACT, cos medios que poida destinar nos próximos exercicios, o continuar realizando un programa de control da dopaxe no seo das súas competicións.

Voltar