DONOSTIA ARRAUN LAGUNAK

Historia

Patrocinadores do club
  • MARTIN BERASATEGUI
  • LURAUTO
  • Grupo ASEGI
  • Manuel Salaberria / Clinica Baviera
  • EDYMA
  • Lejarreta seguridad
  • DRUCK
  • ARAMENDIA
  • SEICAR
  • Estrella Galicia
  • ELEKTRA
  • BERRILAN
  • Galarregi
  • OLATXO
  • BAR SPORT
  • ORAIN GIPUZKOA
  • DONOSTIA KIROLA
  • Iparralde
  • EROSKI GARBERA
  • MOVE
  • FACTOR IDEAS
  • SHERNAN
  •   GU
  • HEGALAK
  • BASSGEST
  • ARGYSAN

A orixe do club Donostia Arraun Lagunak remóntase ao ano 1965. Orixinariamente denominado Universitarios Arraun Lagunak, o club naceu co obxectivo de fomentar e desenvolver a actividade de remo olímpico na cidade de Donostia-San Sebastián.

Ubicado nos seus inicios nas instalacións do colexio Mundaiz, o club comezou a súa andaina grazas a un grupo de universitarios donostiarras atraídos por este deporte. Entre os seus fundadores atópanse, entre outros, José Mari Lacoste, Javier Aramendi, Josetxo Fdez Vaqueriza. Ao finalizar os seus estudos universitarios, refundaron o club pasando a lle chama Arraun  Lagunak. Dous anos máis tarde, comeza a medrar tanto en número de remeiros como na necesidade de novas instalacións e trasládase ao caserío Lugañene, sede atual do club desde 1972.

Tras anos de duro traballo, remeiros do club chegan á selección española competindo en mundiais e Olimpiadas con éxitos salientábeis como o 8 con timonel senior lixeiro campión do mundo en 1983 con dous remeiros de Arraun Lagunak, Benito Elizalde e Eulogio Genova, ademais de gañar un grande número de Campionatos de España nas diferentes modalidades de banco móbil tanto na categoría feminina como na masculina.

No ano 1996 Arraun Lagunak e o club de remo de banco fixo Donosti fusiónanse, pasando a se denominar DONOSTIA ARRAUN LAGUNAK, nome que mantén o club hoxe en día.

Froito desta unión, Donostia Arraun Lagunak amplía o seu palmarés deportivo con éxitos importantes coa súa traiñeira conquistando o Campionato de España e Euskadi en 1992. Anos máis tarde, antes da mudanza de século, o club comeza tamén a destacar no banco fixo feminino co equipo campión de Euskadi e Gipuzkoa 1998 e 1999 e terceiro e subcampión de España en 1998 e 1999 respectivamente na única modalidade que se permitía competir na categoría feminina, o batel.  


No ano 2007 a traiñeira masculina cede a súa praza na ARC1 ao proxecto de traiñera unificada, que representaría á cidade coa unión do club Ur Kirolak, o Concello de San Sebastián e Donostia Arraun Lagunak, proxecto Donostiarra.

Coa celebración do 50 aniversario, no 2015 o club decide sacar unha traiñeira feminina para comezar a competir na Liga Feminina Guipuzcoana da man de Ekain Iriarte e Patxi Olabe. En dous anos a traiñeira feminina consegue clasificarse no play off para competir na máxima Liga feminina, a LIGA EUSKOTREN, sendo este 2024 a súa 8º participación consecutiva.  

No 2021, na súa quinta participación na Liga Euskotren, tras unha Liga espectacular pola igualdade existente entre as dúas primeiras tripulacións na pelexa pola conquista da Liga, as donostiarras conseguen 39 puntos, os mesmos que Orio Orialki. As seis vitorias conseguidas por Donostia Arraun Lagunak frente ás cinco de Orio, déronlles a vitoria final e deste xeito ergueron o trofeo de Campioas da Liga Euskotren por primeira vez para unha tripulación da capital donostiarra.

Na tempada 2022, as donostiarras querían repetir os títulos da pasada tempada. Malia conseguiren dúas vitorias, non deron repetido o título ligueiro por segunda tempada consecutiva ficando segundas na clasificación xeral, 11 puntos por detrás da gañadora Orio Orialki e 20 por diante da terceira clasificada Kaiarriba Donostiarra.

Na tempada 2023 non perdoan a irregularidade da anterior tempada e voltan conquistar a primeira Liga Euskotren con 8 tripulacións participantes. Cinco bandeiras, sete 2º postos e un 3º posto permítelles subir ao barco VIP a pola prestixiosa Ikurriña de Zarautz e a polo trofeo que as coroa como Campioas da Liga Euskotren con 95 puntos conseguidos, 9 máis que a segunda clasificada Orio Orialki e 16 máis que a terceira clasificada Kaiarriba Donostiarra.