DONOSTIA ARRAUN LAGUNAK

Historia

A orixe do club Donostia Donostia Arraun Lagunak remonta ao ano 1965. Orixinariamente denominado Universitarios Donostia Arraun Lagunak, o club naceu co obxectivo de fomentar e desenvolver a actividade de remo olímpico na cidade de Donostia-San Sebastián.

Ubicado nos seus comezos nas instalacións do colexio Mundaiz, o club encetou a súa andaina grazas a un grupo de universitarios donostiarras atraídos por este deporte. Entre os seus fundadores atópanse Jose Mari Lacoste, Javier Aramendi e Josetxo Fdez Vaqueriza, entre outros. Ao remataren os seus estudos universitarios, refundaron o club e pasou a se chamar Donostia Arraun Lagunak.

Dous anos máis tarde, comeza a medrar tanto en número de remeiros como na necesidade de novas instalacións e trasládase ao caserío de Lugañene, sede actual do club dende 1972.
Logo de moitos anos de duro traballo, o club é quen de aportar remeiros para a selección Española, facendo parte en diferentes mundiais e Olimpiadas con éxitos salientábeis a nivel mundial como o caso do 8 con timonel senior na modalidade de lixeiros.

No ano 1996 o club decide fusionarse co club de remo de banco fixo Donosti, pasando a se denominar Donostia Donostia Arraun Lagunak, que é o nome co que se coñece hoxe en día o club.

Cun amplo palmarés froito desta unión realízase tamén remo en banco fixo e pasa a dominar as modalidades tradicionais e a conseguir diversos éxitos como o Campionato de España e Euskadi de Traiñeiras do 1992.

No 2021, na súa quinta participación na Liga Euskotren, as donostiarras conseguen 39 puntos, os mesmos que Orio Orialki. Porén, as seis vitorias frente as cinco de Orio, déronlles a vitoria e o trofeo final da Liga Euskotren, por primeira vez para unha tripulación da capital donostiarra.